Mostrando entradas con la etiqueta Visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visitas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de abril de 2025

Un nutricionista visita o cole🍉

O alumnado do CEIP Plurilingüe O Ramo recibiu a visita de Jose Antonio. Farmacéutico, nutricionista e papá do cole.

Contounos cousas súper interesantes sobre a comida e a bebida que consumimos, falounos da importancia de comer san para o funcionamento do noso corpo e resolveunos moitas dúbidas.


 

viernes, 24 de mayo de 2024

O alumnado de Educación Primaria coñece o fútbol sala da man de David González, PF da Selección Española de Fútbol Sala⚽

O alumnado de Educación Primaria tivo a fortuna de coñecer mellor o fútbol sala da man de David González, o preparador físico da Selección Española. Xunto a él estiveron tamén dous xogadores e dúas xogadoras para contar as súas experiencias.

Ademais, aproveitouse a ocasión para traballar aspectos relacionados coa deportividade.

viernes, 16 de febrero de 2024

O equipo de baloncesto en cadeira de rodas BASKETMI visitou o noso centro🏀

O equipo de baloncesto en cadeira de rodas, BASKETMI, visitou o noso centro nunha xornada moi interesante para o noso alumnado.

Coñeceron realidades diferentes e vivenciaron en primeira persoa como é xogar ao baloncesto dende unha cadeira de rodas.

jueves, 23 de marzo de 2023

O Parrulo Fútbol Sala visita o centro ⚽

O Parrulo Fútbol Sala visitou o noso centro. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de coñecer a varios xogadores do primeiro equipo e de desfrutar dunha sesión de adestramento con eles.

 

jueves, 29 de septiembre de 2022

A escola de baile May Dance visita o noso centro 🎵 🤸‍♀️

Os días 27 e 28 de setembro todos os cursos do cole desfrutaron dunha sesión de baile impartida pola escola de baile May Dance.

martes, 26 de abril de 2022

O clube de baloncesto BAXI Ferrol visita o centro🏀

Varias xogadoras do BAXI Ferrol visitaron o colexio para responder as preguntas do alumnado de quinto e sexto de primaria. Despois fixeron un pequeno adestramento coas xogadoras.

jueves, 24 de marzo de 2022

David González, preparador físico da selección española de fútbol sala, visita o noso centro

David González é o preparador físico da selección española de fútbol sala. Ten unha dilatada experiencia no ámbito do deporte e impartiu aos nosos alumnos unhas charlas sobre hábitos de vida saudable e deporte.

jueves, 27 de enero de 2022

O atleta Daniel Portomeñe, exalumno do CEIP Plurilingüe O Ramo, visita o noso centro

Daniel Portomeñe contoulle ao noso alumnado a súa experiencia como deportista. Como comezou a practicar deporte e como compaxina esta actividade co ámbito académico.