Mostrando entradas con la etiqueta Saúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saúde. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de abril de 2025

O Ramo participa nas xornadas de XOGANDO CO ATLETISMO 2025🏃‍♂️

O concello de Fene volveu a organizar unhas xornadas de atletismo para o alumnado de educación primaria os días 9 e 10 de abril. Este ano as xornadas tiveron lugar nas pistas do IES.

 


miércoles, 2 de abril de 2025

Un nutricionista visita o cole🍉

O alumnado do CEIP Plurilingüe O Ramo recibiu a visita de Jose Antonio. Farmacéutico, nutricionista e papá do cole.

Contounos cousas súper interesantes sobre a comida e a bebida que consumimos, falounos da importancia de comer san para o funcionamento do noso corpo e resolveunos moitas dúbidas.


 

miércoles, 5 de febrero de 2025

Comeza a III edición da liga de Atrapa a bandeira🚩

Comeza a segunda edición da liga interna de "Atrapa a bandeira" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os mércores no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.

viernes, 13 de diciembre de 2024

O alumnado de 2º e 3º ciclo de EP participan nas xornadas de Campo A Través🏃‍♂️

O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron na xornada de Campo A Través que organizou XOGADE.


miércoles, 23 de octubre de 2024

Comeza a II Edición da liga de Datchball🤾

Comeza a II liga interna de "Datchball" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os mércores no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.

miércoles, 2 de octubre de 2024

Zona de PEDA-LEO na biblioteca

Quen dixo que lendo libros non se facía exercicio físico?

lunes, 6 de mayo de 2024

O Ramo participa nas xornadas de XOGANDO CO ATLETISMO 2024🏃‍♂️

O concello de Fene volveu a organizar unhas xornadas de atletismo para o alumnado de educación primaria os días 2 e 3 de maio. Este ano as xornadas tiveron lugar no pabillón da Xunqueira.

miércoles, 24 de enero de 2024

Coñece hábitos de vida saudables da man dos nenos e nenas de 2º de EP

Programa do alumnado de segundo de primaria sobre hábitos de vida saudables.
 

lunes, 22 de enero de 2024

Comeza a II edición da liga de Atrapa a bandeira🚩

Tras o éxito da primeira edición disputada o curso pasado, comeza a segunda edición da liga interna de "Atrapa a bandeira" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os xoves no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

O alumnado de 2º e 3º ciclo de EP participan nas xornadas de Campo A Través🏃‍♂️

O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron na xornada de Campo A Través que organizou XOGADE.

jueves, 9 de noviembre de 2023

Comeza a liga de Datchball🤾

Comeza a liga interna de "Datchball" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os xoves no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.

viernes, 3 de noviembre de 2023

Circuito de castaña para celebrar O Magosto🌰

O alumnado do cole tivo unha xornada festiva chea de xogos motrices onde a castaña foi a protagonista. Aquí temos un exemplo, onde as carreira de castañas foron as protagonistas.

 

martes, 16 de mayo de 2023

4ª PROPOSTA DE IOGA. AS POSTURAS DOS ANIMAIS DO MAR

Aquí vai a cuarta proposta!
Agora lle toca aos animais mariños!

miércoles, 3 de mayo de 2023

O peda-leo chega ás aulas 🚴‍♂️ 📖

O alumnado do cole xa ten nas aulas unha zona de pedaleo para que poidan exercitarse ao tempo que traballan.

martes, 2 de mayo de 2023

3ª PROPOSTA DE IOGA. AS POSTURAS DOS ANIMAIS

Imos coa terceira proposta de práctica de ioga. Esperamos que vos guste!

jueves, 20 de abril de 2023

O Ramo participa nas xornadas de XOGANDO CO ATLETISMO 2023🏃‍♂️

O concello de Fene volveu a organizar unhas xornadas de atletismo para o alumnado de educación primaria. Este ano as xornadas tiveron lugar nas pistas do IES de Fene.

martes, 18 de abril de 2023

2ª PROPOSTA DE IOGA. SAÚDO AO SOL CON CANCIÓN

E agora que xa practicamos a postura de saúdo ao Sol, imos a intentar facela seguindo a canción! 

lunes, 17 de abril de 2023

Recomendacións de actividade física e redución do sedentarismo📄

A continuación, deixámosvos unhas infografías de recomendacións sobre a actividade física que poden resultar de interese para toda a familia.

Para ver as imaxes a maior tamaño deberedes facer clic enriba delas.

martes, 4 de abril de 2023

1ª PROPOSTA DE IOGA

A práctica de Ioga cos nenos aporta numerosos beneficios:

  • Mellora da postura. Mediante o ioga foméntanse uns bos hábitos á hora de sentarse, de andar, de estudar, de practicar deporte, etc. Isto favorecerá ao neno na súa rutina diaria.
  • Aumento da autoestima. O coñecemento dun mesmo que proporciona o ioga pode axudar a mellorar a autoestima do neno, que aprenderá a apreciar os seus defectos e as súas virtudes.
  • Calma e relaxación. O control da respiración, resulta moi beneficioso á hora de controlar os nervios.
  • Concentración. A práctica de ioga esixe concentración, polo que o neno aprenderá a non distraerse ao realizar esta actividade e poderá empregar esa habilidade á hora de estudar.
  • Diversión. As actividades veñen enfocadas dunha forma lúdica e para iso emprégase algo que resulta moi divertido aos nenos, imitar animais.

Por este motivo, queremos facervos algunhas propostas para que practiquedes na casa.

Aquí vai a primeira:

jueves, 26 de enero de 2023

Comeza a liga de Atrapa a bandeira🚩

Comeza a liga interna de "Atrapa a bandeira" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os xoves no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.