martes, 4 de abril de 2023

1ª PROPOSTA DE IOGA

A práctica de Ioga cos nenos aporta numerosos beneficios:

  • Mellora da postura. Mediante o ioga foméntanse uns bos hábitos á hora de sentarse, de andar, de estudar, de practicar deporte, etc. Isto favorecerá ao neno na súa rutina diaria.
  • Aumento da autoestima. O coñecemento dun mesmo que proporciona o ioga pode axudar a mellorar a autoestima do neno, que aprenderá a apreciar os seus defectos e as súas virtudes.
  • Calma e relaxación. O control da respiración, resulta moi beneficioso á hora de controlar os nervios.
  • Concentración. A práctica de ioga esixe concentración, polo que o neno aprenderá a non distraerse ao realizar esta actividade e poderá empregar esa habilidade á hora de estudar.
  • Diversión. As actividades veñen enfocadas dunha forma lúdica e para iso emprégase algo que resulta moi divertido aos nenos, imitar animais.

Por este motivo, queremos facervos algunhas propostas para que practiquedes na casa.

Aquí vai a primeira: