viernes, 16 de febrero de 2024

O equipo de baloncesto en cadeira de rodas BASKETMI visitou o noso centro🏀

O equipo de baloncesto en cadeira de rodas, BASKETMI, visitou o noso centro nunha xornada moi interesante para o noso alumnado.

Coñeceron realidades diferentes e vivenciaron en primeira persoa como é xogar ao baloncesto dende unha cadeira de rodas.

miércoles, 24 de enero de 2024

Coñece hábitos de vida saudables da man dos nenos e nenas de 2º de EP

Programa do alumnado de segundo de primaria sobre hábitos de vida saudables.
 

lunes, 22 de enero de 2024

Comeza a II edición da liga de Atrapa a bandeira🚩

Tras o éxito da primeira edición disputada o curso pasado, comeza a segunda edición da liga interna de "Atrapa a bandeira" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os xoves no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.

viernes, 19 de enero de 2024

Pelotas de malabares🤹 🤹‍♀️

Nun traballo interdisciplinar, o alumnado de cuarto de educación primaria elaborou unhas pelotas de malabares na materia de plástica.

Aproveitando que traballaron os malabares en educación física, agora poden practicar na súa casa.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

O alumnado de 2º e 3º ciclo de EP participan nas xornadas de Campo A Través🏃‍♂️

O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron na xornada de Campo A Través que organizou XOGADE.

martes, 5 de diciembre de 2023

Reto motriz 9🤸‍♂️

 Podes ser máis rápido que a gravidade?