O concello de Fene volveu a organizar unhas xornadas de atletismo para o alumnado de educación primaria os días 9 e 10 de abril. Este ano as xornadas tiveron lugar nas pistas do IES.
Proxecto de vida activa e deportiva do CEIP Plurilingüe O Ramo
O concello de Fene volveu a organizar unhas xornadas de atletismo para o alumnado de educación primaria os días 9 e 10 de abril. Este ano as xornadas tiveron lugar nas pistas do IES.
O alumnado do CEIP Plurilingüe O Ramo recibiu a visita de Jose Antonio. Farmacéutico, nutricionista e papá do cole.
Contounos cousas súper interesantes sobre a comida e a bebida que consumimos, falounos da importancia de comer san para o funcionamento do noso corpo e resolveunos moitas dúbidas.
Comeza a segunda edición da liga interna de "Atrapa a bandeira" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os mércores no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.
Nun traballo interdisciplinar, o alumnado de cuarto de educación primaria elaborou unhas pelotas de malabares na materia de plástica.
Aproveitando que traballaron os malabares en educación física, agora poden practicar na súa casa.
O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron na xornada de Campo A Través que organizou XOGADE.
Comeza a II liga interna de "Datchball" no CEIP Plurilingüe O Ramo. Todos os mércores no recreo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria reúnense no pabillón para disputar as xornadas desta liga.