A escola de tenis Justo al Revés visitou o centro os días 13, 14 e 19 de outubro para dar a coñecer a súa actividade ao alumnado do CEIP Plurilingüe O Ramo.
Crear adherencia deportiva dende os primeiros anos da infancia é unha das cousas que maior incidencia ten nos hábitos saudables da sociedade adulta. Coñecer que opcións hai na zona para practicar deporte axuda moito a comezar a practicalo. Este é o motivo polo que invitamos á escola de tenis Justo al Revés a presentarse ao noso alumnado, co fin de que aqueles nenos e nenas que non practican ningún deporte, ou teñan unha vida sendentaria, atopen unha actividade física que lles motive.