O alumnado de Educación Primaria máis 5º e 6º de Educación Infantil, desfrutaron da visita do Club Kang, co que descubriron unha nova disciplina deportiva como é o Taekwondo.

O alumnado de Educación Primaria máis 5º e 6º de Educación Infantil, desfrutaron da visita do Club Kang, co que descubriron unha nova disciplina deportiva como é o Taekwondo.

Os días 23 e 24 de setembro o alumnado de primaria tivo a oportunidade de xogar ao tenis da man de Justo Al Revés, unha escola de tenis situada na localidade de Fene.

O alumnado de sexto de educación primaria realizou un concurso para elexir o novo logo do noso Proxecto Deportivo de Centro.
Este é o logo gañador:

O alumnado de Educación Primaria tivo a fortuna de coñecer mellor o fútbol sala da man de David González, o preparador físico da Selección Española. Xunto a él estiveron tamén dous xogadores e dúas xogadoras para contar as súas experiencias.
Ademais, aproveitouse a ocasión para traballar aspectos relacionados coa deportividade.

O concello de Fene volveu a organizar unhas xornadas de atletismo para o alumnado de educación primaria os días 2 e 3 de maio. Este ano as xornadas tiveron lugar no pabillón da Xunqueira.
.jpeg)
O equipo de baloncesto en cadeira de rodas, BASKETMI, visitou o noso centro nunha xornada moi interesante para o noso alumnado.
Coñeceron realidades diferentes e vivenciaron en primeira persoa como é xogar ao baloncesto dende unha cadeira de rodas.
